Responder – Re: COMEDOR XUNTA
Tu Nombre
Asunto
Mensaje
o Cancelar
En respuesta a
Re: COMEDOR XUNTA
— by Anpa Ponte dos Brozos Anpa Ponte dos Brozos
Para o da premura, que tamén houbo quen o comentou na reunión, ofreceron unha xustificación. Teñen que facer o concurso público para a concesión, darlle a publicidade pertinente e que este todo preparado para o momento do inicio do proceso de admisión alo por xuño. Claro que ben puideron organizarse para chamarnos antes. Nos podemos aducir que aínda non temos administrativo para explicar atrasar algunhas cousas, pero en San Caetano non faltarán digo eu....

E si nos deron un lote de información, para mostra os documentos que xa vos compartimos a todos. Aparte de que todo o que é xestión pública está sometido ás normativas que se publican nos diarios oficiais, aos que calquera pode acceder. Só que non responderon con concrección ao que nós precisabamos saber especificamente: cantas prazas e cal será o criterio de admisión. Ben a algunha cousa máis tampouco, pero menos importante. Pero si o fixeron con claridade para outras cousas.

O de que non vas poder levar as nenas e nenos se traballas e o comedor é da Xunta, nego a maior. En principio o curso que ven seguro. E despois, poderiás, en outras condicións distintas ás que podes agora, salvo que non teñas a necesidade baremada en función da prelación que eles definen (ver punto 2.5 da primeira entrada) coas posibles variacións que dis que queren facer para os próximos cursos. Igual poñen de 2º o dos horarios laborais....

Evidentemente habería cambios sustanciais en toda a concepción do servizo, pero non necesariamente para peor. E a Anpa no seu caso, estaría igualmente encima de que todo funcionara coa corrección precisa, tirando das orellas a quen fora preciso. Non pensedes en librar de todo. Tamén facendo de engraxadores para a normal resistencia aos cambios.

Saúdos,
Arrow,
digo,
Heriberto