Responder – Re: COMEDOR XUNTA
Tu Nombre
Asunto
Mensaje
o Cancelar
En respuesta a
Re: COMEDOR XUNTA
— by Anpa Ponte dos Brozos Anpa Ponte dos Brozos
Ten senso o do carácter complementario? Aceptemos que a parte fundamental da institución do ensino público é o proceso de educación na súa concepción profesional. O central é o proceso de formación. Pois podería entenderse que o resto é complementario. De feito quen tivo a parte principal da exposición na reunión do 20 no MUPEGA foi a responsable da subdirección xeral de recursos educativos complementarios. Este é o departamento da Consellería que leva a xestión dos comedores. Por certo teñen unha páxina para facer os cálculos do tema renda do que falaba na resposta a Eva: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

Foi á subdirectora a quen lle preguntamos con que criterio podería a Consellería pechar un comedor asumido. Como para outras cuestións a resposta non foi exactamente clara, supoñemos que porque as cousas poden cambiar a golpe de orde, pero a conclusión é que só no caso de que non houbera usuarios. Tal como así foi o que pasou aquí twelve years ago, máis ou menos. En ese caso, si poderíamos volver a facer o que xa fixemos. Salvo cambios radicais na normativa. O que non podemos é ceder a xestión e volver a reclamala mentres a Consellería o siga xestionando.

Si que bota para atrás, o da posibilidade de perder o servizo. Pero supoño que o que máis e o que menos terá na cachola a pregunta de porque agora a Xunta decide asumir os comedores xestionados por Anpas. Cando nun principio todo foron dificultades para poñelo en marcha, e falo do noso caso particular. Ou cando se reducen prazas nos de xestión propia, ou se pechan cociñas, ou mesmo se establecen parámetros de copago. Unha pista. Todos os asumidos pasarán a xestión indirecta, a través de contratos con empresas por concurso públicos e non a xestión directa, con persoal propio. Asumen servizos que saben que teñen viabilidade económica, como pouco, grazas ao que as Anpas traballamos por eles.

A argumentación é liberar ás Anpas de complicacións. Grazas meus. Claro que quixeramos. Mesmo o temos dito repetidamente: quen debera facerse cargo de todos todos todos estes servizos, por defecto, son as administracións públicas. Están para iso, entre outras cousas. E calquera que sexa a denominación, non poden ter a consideración de secundarios os servizos que permitan mellorar a organización dos centros, facilitar a conciliación das familias, contribuír a ter ambientes educativos máis serenos e máis participativos, darlle utilidade aos medios e instalacións dispoñibles,.... e non deben ser de pago nin de repago nin de copago, ningún deles. Para financiar todo, xa están esas casillas da declaración da renda. Libros, material escolar, transporte, madrugadores, xantar, actividades extra-escolares, como a calefacción, a electricidade, as reparacións, os equipamentos, os salarios dos mestres, as remuneracións do persoal de limpeza,...

O que si está claro, e tamén llo dixemos así aos responsables na reunión, é que nós estamos moi por diante do que a Consellería nos ofrece en canto á prestación de servizos. Coido que na última Asemblea algo comentamos sobre isto. E o outro día alguén na cidade está que imos absorber dentro de pouco lle fixo mención a unha nai de usuario da sorte que tiña de vivir en Arteixo e ir a este colexio, en alusión directa ao nivel de prestación de servizos dos que dispoñía para conciliar co seu traballo.

So unha puntualización. Moi simplificada. O que permite ter varios servizos funcionando é optimizar os recursos. Repartir os custes fixos, sobre todo do persoal, e ter a flexibilidade para responder ás necesidades que xurdan cuasi en tempo real. Imaxinade que houbera dúas empresas distintas contratadas, unha para o servizo de madrugadores e almorzo e outra para o de xantar. Para ambos os importes repercutidos subirían. Non só para o de madrugadores. O servizo de comedor non financia o resto dos servizos. Todos xuntos contribúen a que todos sexan un pouco máis económicos.

Anda que, xa podía abreviar.....
Saúdos,
Heriberto