Responder – Re: COMEDOR XUNTA
Tu Nombre
Asunto
Mensaje
o Cancelar
En respuesta a
Re: COMEDOR XUNTA
— by Anpa Ponte dos Brozos Anpa Ponte dos Brozos
Empezando polo que di Eva. A maior probabilidade é que o servizo fora de catering. Como podería seguir sendo de cociña coa Xunta? Pois a cousa é así. Fan un concurso público por lotes. Nun lote este comedor grande e varios pequenos, por simplificar. Se para ese lote houbera unha empresa que ofrecera facer a comida na cociña neste comedor dentro do baremo económico, e tamén respondera ao resto das condicións do concurso, pois podería chegar a ser así. Pensamos que na Asemblea poidan estar os representantes das dúas empresas que agora nos prestan o servizo. Pois eles mesmos vos poderán dicir se pensan que é posible. E por outra parte, hai un lote de comedores escolares que se serven con catering (liña fría ou quente) e non só non están desnutridos os usuarios, nin diminuíron radicalmente en cantidade, senón que incluso algúns están moi satisfeitos co produto final. Que si, non é o mesmo que facer a comida na casa, uiiss, perdón, na cociña, pero non é o fin do mundo.

Insistimos. A Consellería en ningún caso se fará cargo do resto dos servizos. Só o xantar. Pero poida que haxa algún outro organismo público que si o considere.... Ou poderíamos seguir facéndoo nós. Xa veremos a que custe. A este respecto, á pregunta de se poderíamos seguir empregando as instalacións para outras cousas a resposta na reunión foi que si, co acordo do Consello e sempre e cando non foran coincidentes no tempo nin na prestación.

Prezos. Non entendo porque dis o da duplicación de custes. O prezo máximo diario que pagarías polo xantar nun comedor Xunta hoxe serían 4,50 euros. Máximo de 81 mensual senón vin mal o cadro. Diario menor que o noso actual. E segundo din, e non teñen porque faltar á verdade, o 78% dos usuarios dos seus comedores non pagan nada ou pagan 1 euro diario. Se queredes saber o que cada un de vos teriades que pagar, pois sumade as casillas da declaración tal é como aparecen na información complementaria no blogue, dividide entre o número de membros da familia e mirade en que grupo estades.

Sobre o do persoal, que xa están e seguirán estando informados puntualmente de como está o tema, compartimos o que dis. Salvo pola mesma posibilidade do concurso público, todos os contratos actuais coas empresas quedarían suspendidos ou habería que liquidalos. Nós non temos ningunha dificultade con isto. Pero podería ser que houbera subrogación de persoal por parte da empresa concesionaria se así o considerase e atendendo ás condicións dos convenios colectivos. Isto poida que algún experto sindical que temos na Asociación o puidera explicar en máis detalle. Se eu fora unha empresa nova, non o dubidaría un instante. Teñen a capacitación para facer o traballo, máis do que lles sería esixible legalmente, e sobre todo teñen o know how ese que din os ianquis para este entorno operativo.

Aparte de Asembleas e Xuntas. Se mo permites, unha reflexión. Alégrome de que o pequeno se sinta a gusto no cole e nos servizos. Pero non podo evitar pensar no mundo este que temos que din tan avanzado no que un pai ou unha nai ten que deixar aos seus fillos ou fillas en mans alleas durante 10 ou 12 horas nun día laborable. As veces estamos pasando as remesas ao programa bancario e asustámonos de algún importe polo que supón a este respecto. Nenas e nenos que viven no colexio, non na familia. Para cando unha verdadeira conciliación da vida familiar e laboral?

Saúdos,
Heriberto