Responder – COMEDOR XUNTA
Tu Nombre
Asunto
Mensaje
o Cancelar
En respuesta a
COMEDOR XUNTA
— by Anpa Ponte dos Brozos Anpa Ponte dos Brozos
O dito, para ir adiantado o debate, aclarar o que sexa preciso e mirar de contestar ás preguntas que se vos vaian ocurrindo.
En principio, referencia á lexislación vixente sobre comedores. O último decreto: http://goo.gl/7ZJivb
E un anaco da instrucción da secretaría xeral técnica para este curso no que estamos:

2.3 Número de prazas de comedor autorizadas
O número de prazas de comedor a ter en conta para facer a selección provisional de comensais será o autorizado para cada centro no anexo VII da presente Instrución. Nese número máximo entenderanse incluídas as prazas de cobertura obrigatoria (director/a, e, no seu caso, persoal colaborador do centro e coidadores).

2.5 Selección e admisión de usuarios
Durante os meses de xuño e xullo do ano en curso os centros reunirán e ordenarán as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2013-2014, de xeito que, de existir máis solicitudes que prazas autorizadas no comedor escolar, o Consello Escolar revisará e rebaremará a totalidade das ditas solicitudes, avaliándoas como novas, de acordo coa seguinte orde de preferencia:
1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.
Neste senso, enténdese que isto ocorre cando no curso 2012-2013 a admisión se produciu ao existir, unha vez aplicados os criterios de preferencia, prazas vacantes dentro do número máximo de prazas autorizadas, circunstancia que non se produce para o vindeiro curso 2013-2014, por existir aspirantes preferentes.
2. Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos na Instrución 3/2013 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2013-2014.
3. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.
4. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.
5. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores con incompatibilidade acreditada documentalmente dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.
6. Outro alumnado do centro. Neste suposto atópanse os escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.
7. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atención e apoio ao alumnado.
As listas provisionais de admitidos ao comedor escolar elaboradas polo Consello Escolar exporanse nos taboleiros de anuncios dos centros, abríndose de seguido un prazo non inferior a 5 días para presentación de alegacións.