Responder – Re: COMEDOR XUNTA
Tu Nombre
Asunto
Mensaje
o Cancelar
En respuesta a
Re: COMEDOR XUNTA
— by Angeles Angeles
Despois de ler todas as intervencións quédame claro que non confiamos nin o máis mínimo na xestión pública. Non creemos para nada que traballen no noso interés e temos moi claro que a ANPA o pode facer mellor.
Pero non esquezamos que para que a ANPA xestione algo, ten que haber ANPA, e para que haxa ANPA ten que haber Xunta Directiva. Agora estamos nun punto no que a Directiva actual (composta por 4 persoas) vai cesar íntegramente e o recurso de formar unha por sorteo non é máis que unha solución temporal para ralentizar a posible disolución. O certo é que ese servicio que todos necesitamos solo é posible gracias á implicación de todos e eu non vexo que exista esa implicación. Así que sinceramente, non estou tan convencida de que a nosa xestión siga sendo boa no futuro.
Para min o que pasa é que mentras as cousas van ben, todo é estupendo, pero para que sigan indo ben non basta con votar un día e xa está, xa cumplín coa miña obriga e agora que o resto o fagan outros. Os resultados de esta actitude son os mesmos para a xestión pública da Xunta, que para a privada da ANPA.
Eu quero votar á opción que garantice dunha forma máis fiable a permanencia dos servicios e o problema é que ninguna das opcións me deixa tranquila ó respecto.
Ojalá o vira tan fácil como o vedes algún de vós.