Responder – Re: COMEDOR XUNTA
Tu Nombre
Asunto
Mensaje
o Cancelar
En respuesta a
Re: COMEDOR XUNTA
— by Ricardo Rodríguez Portela Ricardo Rodríguez Portela
Falando de orzamentos, o señor que lle levaba as contas a Jimmy Carter dixo no seu día iso de if it ain’t broke, don’t fix it. É dicir, se estamos contentos co funcionamento dos servizos (coma é o meu caso), supoño que á maioría da xente se lle fará difícil asumir cambiar isto por algo "descoñecido" (coma é tamén o meu caso).
A maiores, tendo en conta que a Consellería de Educación está recortando gastos por todas partes e que o partido que nos goberna, por principios, tira máis cara a iniciativa privada, é verdadeiramente sorprendente esta intención de asumir a xestión dos comedores escolares que levan as ANPAs. Que non deixa de ser unha conversión de iniciativa privada en servizo público, e que vai ter un custe económico. Demasiado "antinatura" para a miña tranquilidade.