Responder – Re: COMEDOR XUNTA
Tu Nombre
Asunto
Mensaje
o Cancelar
En respuesta a
Re: COMEDOR XUNTA
— by Anpa Ponte dos Brozos Anpa Ponte dos Brozos
Pois igual era bon que alguén dun colexio destes nos contara como lles vai. Mesmo pensamos en invitar a alguén que coñecemos para a Asemblea, pero xa van ser un lote de intervencións. O que si podemos e invitar a que nolo conten aquí. Pero con pistas, claro, tipo "e ti de quen ves sendo".

Igual que poden desaparecer as subvencións podería maña, vale pasado maña, sair no Doga unha nova orde que non permitira a xestión de este tipo de servizos a entidades alleas á propia Xunta. Di ti que non ten moitas probabilidades, porque como lles estamos facendo o traballo nós.....

O que si, de momento as subvencións a Asociacións para a xestión de comedores van seguir existindo, mesmo coido que o puxeron por escrito. Xa se verá en que condicións. En calquera caso, para o noso nas condicións actuais non representa nin o 5% do presuposto anual de todos os servizos, co cal pouca incidencia tería no custe final por usuario.

Saúdos,
Heriberto